http://www.deflamenco.com/entrevistas/manuelgerena/index.jsp
Archivar como 16/12/06
16 dic
Entrevista a Manuel Gerena
16 dic
O arte de amar
O arte de amar
Eu podía cantar azures do ceo,
verdes pretos do mar,
unha frol,
a rapaza,
o banquete
das horas que non pasan,
o anceio que non ten mañán.
Eu podía cantar as cousas pequenas,
as follas, as pedras, o arbre senlleiro,
o berro do ar.
Eu podia cantar as cousas dos nenos,
o fútbol, as loitas, os contos dos pais.
Pero hai algo eiquí dentro que berra:
canta soio o arte de amar,
a forza que peta no soño xigante
do rapaz que non é home,
do home que se sinte rapaz.
Por iso cantando adeprendo
o difícil que é o arte de amar.
(bis)
A forza que peta no soño xigante:
o arte de amar.
música: Benedicto




