Dorna


La tercera canción que deseo dedicaros para vuestra lucha es de vuestro paisano Benedicto: una canción que habla sobre vuestro modo de vida:

Dorna


Vente ventiño do norte,


vente ventiño norteiro,


vente ventiño do norte,


sera-lo meu compañeiro.

Popular

Cediño na dorna
salimos ó mar;
o mar rebulía,
Fisterra alá está.
Sentín a friaxe
do vento ó pasar.

A pesca agardando
mariñeiros hai
mais todos tremían
o medo era tal.
Por Muros, nordeste;
no Pindo, o final.

Palabras mainiñas;
ninguén a berrar,
o barco era pouco
no medio do mar.
Ó porto sabémolo
habemos chegar.

Valdeiro o aparello
ninguén o verá;
os mozos son catro
e saben pescar.
Xa levan loitando
vinte anos co mar.

Naceron cos ollos
ben cheos de sal;

auga e lonxanía
os viron medrar.
A vila aínda durme
eles xa van pescar.

Din que por Arousa
os viron pasar;
contentos os mozos
a dorna a estoupar.
Fanecas e xoubas,
xurel, calamar.

Benedicto

<<A
estrofa popular do comezo foime faciltada por aquel home bó e xeneroso
que era,
e seguirá sendo aí onde estea, Xaquín Lourenzo Fernández
"Xocas",
nun día inesquencible na súa casa de Ourense,
no que cantou
esta e outras que aínda conservo. Gracias, Xocas! >>



este texto se encuentra en http://www.ghastaspista.com/
se puede escuchar en directo en http://aregueifa.net/Benedicto%20e%20Bibiano/01%20-%20Benedicto%20e%20Bibiano%20-%20Dorna.mp3
en original en la web de su autor e intérprete

A %d blogueros les gusta esto: